We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Diccionario de silencios

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Crisálides 03:54
Estás a agardar para vela asomar rachar a matriz co seu bisturí mais segue aí o verme mais segue aí o verme Ninguén ten xa fe non quere nacer pechar contraer deixarse perder por unha vez nas tebras por unha voz de seda. Crisálide Crisálide Crisálide Todos a morrer presos do temor do medo de non ser de pecharse ao amor unha bolboreta ha nacer desta dor se unha metralleta sucumbe ante a flor a metamorfose do vento en canción antes do diamante só había carbón E déixame que cante para pedir perdón polos arrogantes reis da destrución polos mil escravos daquel faraón polos cruel letargo do vello Endimión por cada naufraxio do noso trebón polos que ainda cremos nun mundo mellor deixa que che cante e che diga que non xuntos abriremos o caparazón xuntos cara adiante ata erguermos o voo fora da crisálide crisálide crisálides fillas de Endimión. Estás a agardar para vela asomar da crisálide
2.
Entropía 04:18
A ver marchar os dias sempre a contar formigas abonda terse en pé e non mirar a quen comparte a túa vida. "Ter un por qué" dicías "facer do sol teu guía, é só cuestión de fé: estar para non ser". E dentro só entropía... Sempre a te tentar salvar como algo provisional pero a noite está ao caer non hai tempo para soñar nunca conseguiches ser un máis. Coitelos que se afían nas follas da poesía aprendiches a non ler a lembrarte de esquecer todo o que non sabías. E aínda tentas comprender este lume de onde vén de onde sae a canción, onde vai? Sempre a te tentar salvar como algo provisional pero a noite está ao caer non hai tempo para soñar nunca conseguiches ser un máis.
3.
Ti queres mar eu tiro ao monte... ti par eu nones... Ti a madrugar eu ando insomne sempre igual sempre igual Ti queres jazz eu fago gospel non hai acople E así nos vai mellor que onte non cres? non cres? non cres? Vamos bailar os desacordes da man de lonxe. Vamos bailar o tango torpe do que hai do que hai do que hai. É o noso sino quererse a couces andarmos sempre a contrapé os armisticios os baixos golpes o trapecismo a fin de mes. Deixar que o ritmo nos roube a noite e chegue tímido o amencer. E aquí seguimos saíndo a flote como hipocampos a tremer.
4.
Tics 03:45
Foi manifestándose este tic nas faragullas do inverno este noso impulso visceral de perdernos o respeito. Quen foi o primeiro? Quen inaugurou este fogo a discreción? Sabes que a espiral sempre nos leva aló... Non nos decatamos da paixón a escorrérsenos dos dedos. Nunca confundimos o amor co eufemismo dun afecto. Fomos comprendendo que era natural os efectos da erosión. Dentro as faíscas ainda dan calor... I eu que non me tiña por capaz que cría que non ia soportar fun descubrir da tua man que sei ser feliz Foi por aquel trauma da nenez aquel que inxustamente che carguei e canda ti que fácil é pechar cicatriz. Coma dous carballos collidos da raíz. Sabes, non é por mistificar pero esta forma de querernos faime sentir puro coma o mar ser anaco de algo eterno.
5.
Nanook 05:24
Non hai luz cómpre hibernar gardar xaxún. Na era do frío glacial do xeo azul. Só queda deixarse as mans pra erguer o iglú. Non tremas faite animal saca o mamut. Esperta xa que o inverno é crú e hai moitos como tu e lembra o manual do gran Nanook. As bestas comezan a axexar o teu corpo nú. Famentas estánte a arrodear como á avestruz e tentas falar en van... só queren o teu cú. Ti lembra levar o verán no teu iglú. Pega un sol de xustiza e faise a calima na era glacial. Un Caribe de xeo e hai no cortello un oso polar. Somos estalactitas que esta invernía fixo medrar. Vivimos na Galiza un monte de cinza dentro do mar. Vivimos na punta do iceberg na punta do iceberg.
6.
Intrusión 04:28
De vagar entre as tebras abre fenda a solidao coma un can compañeira sempre á beira a te gardar. Ela é a rémora que tés de vixía pola pel. Velaí está tralo espello a ollar de esguello o teu disfraz. Quero presentarche a Solidao a carne de sombra do meu chao Tés que ter paciencia, meu amor vai pasar un tempo canda nós. Intrusión e o teu peito é o perfeito anfitrión.
7.
- A que piso vas? - Aínda non sei. Quero despegar desaparecer... -A que piso vas? -Aínda non sei. Quero despegar logo o pensarei... - A que piso vas? - Aínda non sei. Quero despegar Xa toca volver. Xa é hora de volver.
8.
Ouve o mar a traducir os contos que lle conta o sal Ouve o ar está a esculpir estrelas no ceo do padal está a esculpir estrelas... Falan os amantes unha lingua que non podes descifrar de bicos entre liñas versos que adiviña o mar. Nada hai máis políglota que o vento cando deixa de zoar calando en sete idiomas os ecos coa tinta do ar. E sempre trae o amor letra pequena e cláusulas que nunca has revisar vai cargando o demo os seus poemas unha flor de papel que semella real... Hai só unha lingua para amar que escribimos cun ollar nas paredes dunha pel son xeroglifos que se van esborrándonos das mans cando a voz se deixa ver. Hai un diccionario de silencios que non podes consultar garda o mariñeiro a chave para ler o mar Arden elocuentes corazóns na biblioteca do querer as páxinas en branco que nunca soubemos ler. Hai só unha lingua para amar que escribimos cun ollar nas paredes dunha pel. Son xeroglifos que se van esborrándonos das mans cando a voz se deixa ver.
9.
Perseidas 05:06
Irmos viaxando ao nordés lonxe do fogar lonxe do fogar neste contrabando da pel o rumbo está escrito nos teus pés. Irmos cravando máis unha vez as unllas nas mans as unllas nas mans ourizándose ante o que hai a se saber tan perto do final... Irmos así sempre a seguir como un gran batallón de maniquís o seu compás Irmos sen máis a pulular polo medio da pista e sen bailar o mesmo bals Irmos mal que ben a velas chover estrelas do ceo olla para alí a rebulir unha eres ti a outra son eu. Fugaz...
10.
Final 06:10
Haiche un non sei qué nese teu ollar que aínda me fai crer que hai un bo final para toda esta historia para toda esta historia Tenche un non sei qué tan crepuscular isto de amencer coa noite a bourar no ceo da boca no ceo da boca. Non queres volver non has esperar a que escampe o ceo sen pestanexar cheirando a derrota Somos timoneis que andan a empotrar barcos de papel contra o capital nas augas revoltas nas augas revoltas. Haiche un non sei que nese teu ollar que aínda me fai crer que hai un bo final para toda esta historia para toda esta historia.

about

Ás veces é mellor calar...
a canción aínda non o sabe.

credits

released February 21, 2014

Música, arranxos e outras vísceras: XO
Edición e produción: XO
Fotografías: XO
Masterizado: Mikel Santos.

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like xo, you may also like: