Crisálides

from by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Estás
a agardar
para vela asomar
rachar
a matriz
co seu bisturí
mais segue aí
o verme
mais segue aí
o verme

Ninguén
ten xa fe
non quere nacer
pechar
contraer
deixarse perder
por unha vez
nas tebras
por unha voz
de seda.

Crisálide
Crisálide
Crisálide

Todos a morrer
presos do temor
do medo de non ser
de pecharse ao amor
unha bolboreta ha nacer desta dor
se unha metralleta sucumbe ante a flor

a metamorfose do vento en canción
antes do diamante só había carbón

E déixame que cante para pedir perdón
polos arrogantes reis da destrución
polos mil escravos daquel faraón
polos cruel letargo do vello Endimión
por cada naufraxio do noso trebón
polos que ainda cremos nun mundo mellor

deixa que che cante e che diga que non
xuntos abriremos o caparazón
xuntos cara adiante ata erguermos o voo
fora da crisálide
crisálide

crisálides
fillas de Endimión.

Estás
a agardar
para vela asomar
da crisálide

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help