Diccionario de silencios

from by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Ouve o mar
a traducir
os contos que lle conta o sal

Ouve o ar
está a esculpir
estrelas no ceo do padal
está a esculpir
estrelas...

Falan os amantes unha lingua
que non podes descifrar
de bicos entre liñas
versos que adiviña o mar.

Nada hai máis políglota que o vento
cando deixa de zoar
calando en sete idiomas
os ecos coa tinta do ar.

E sempre trae o amor letra pequena
e cláusulas que nunca has revisar
vai cargando o demo os seus poemas
unha flor de papel
que semella real...

Hai só unha lingua para amar
que escribimos cun ollar
nas paredes dunha pel
son xeroglifos que se van
esborrándonos das mans
cando a voz se deixa ver.

Hai un diccionario de silencios que non podes consultar
garda o mariñeiro a chave
para ler o mar
Arden elocuentes corazóns na biblioteca do querer
as páxinas en branco
que nunca soubemos ler.

Hai só unha lingua para amar
que escribimos cun ollar
nas paredes dunha pel.
Son xeroglifos que se van
esborrándonos das mans
cando a voz se deixa ver.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help