XO

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
05:54
2.
03:37
3.
03:26
4.
04:34
5.
04:14
6.
04:15
7.
04:13
8.
9.
10.
11.
02:15

about

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista ourensán formado na ríxida indisciplina do autodidactismo e fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos.

Mapas para saber onde estamos perdidos.

credits

released February 18, 2014

Música, arrranxos e voces: Xo.
Mestura e produción: Xo.
Masterizado: Mikel Santos
Fotografías: Xo
Capa: Coqué

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Track Name: A vida
A vida
discorre
para os de a pé
é un mar que
se afonde
nunha culler

e beben
e foxen
por non saber
que a morte
lles fía
pois han volver

buscan evasivas
buscan corpos dez
cegos desafían
a máis implacable das leis...

a noite
dos probes
é o seu mencer
un monte
que os lobos
coñecen ben

destripan os boitres
o seu refén
o corpo inerte
doutra muller

ces pasar os días
sempre a contrapel
xa nin te resignas
ao sal no café

caíches na manía
de amar sen querer
se esta poesía
é o único que hai por facer

a vida é
un cruel disfraz
que puxo a morte
en carnaval
a vida è,,,

a vida é
o teu ollar
o teu sorriso
a me alumar
a vida é...

a vida é
beber o mar
comerse o ceo
da túa man
a vida é...

a vida é
saber que estás
que vale a pena repirar
a vida é...

a vida é o naris dun paiaso aló en Irak
a vida vai durmir cada luns pola mañá
a vida contradi o pecado orixinal
a vida é o perfil suicida do alacrán
a vida é o que ti morres por vivir
a vida é o que ti nunca vas poder cantar
Track Name: Algo no ar
Hoxe vai algo no ar
que non deixa respirar
a xente está impaciente
por que empece o carnaval

e ti aínda sen disfraz
non tés o corpo para festas
has de saber que a tristeza
está esperando que a chames
e collas e a saques por fin a bailar…

hoxe vai algo no ar
sobran ausencias para lembrar
subiches ao tiovivo e xa non sabes baixar
na roda da historia estás
déixate ir polo vento
lembra que a vida é un momento
son dúas voltas de noria
non pesa o lamento se o pós a xirar…

mañá xa é carnaval
saca o teu vello disfraz
de cando nena e o sol
cabía na man
mañá xa é carnaval
saca o teu vello disfraz
de cando o nena e o amor
non tiraba a dar

hoxe vai algo no ar
Track Name: Rastros
Rastros
bágoas de xiz
rastros
viño e carmín
rastros
restos de ti
rastros
dun tempo feliz

Eu só nun cuarto
no que non hai máis
que rastros
e coma un can vou
buscando no burato
aquel anaco
de oso que enterrou

O tempo fai
que a pista dos teus pasos
se perda alá
na area e cada onda
borrando o chan
non sei como chegamos
só quero saber cal é o xeito
de voltar…

Vou ser coma o can
que lembre cada trazo sobre a area
do mar
vou tenderche a man
escuécete dos restos da marea
só traen dor
e mira atrás
somos nós
curando as cicatrices doutra guerra
non te lembras
do rastro que aínda deixa
o noso amor?

rastros do noso amor
rastros do noso amor
rastros de nós…

rastros que o mar borrou
Track Name: Estampida
Hoxe es présa da desidia
dun silencio que empeza a abouxar
e os teus beixos descarrilan
o funesto rigor do cotián

como se fai para mirar sen ver
todo o que deixa atrás o tren?
non hai xanelas para se asomar
este comboi foi deseñado
cun só propósito de ir esmagando
todo o que hai
e adonde vai?

as horas hoxe son faíscas
nin Francis Bacon as pode pintar
o sol metralla a culpa obriga
a ouvir a voz dos que han morrer mañá

como se anoa a gravata un rei?
é o mesmo nó que unha forca ten?
que din as pombas da catedral
que aínda as pombas da cidade
sobrevoan con medo
e non se atreven a se pousar?
canta morte cabe
no despacho oval?

e quen me dará un bo final para este día
se a guitarra hoxe xa nin me mira
cansa de espera
e de te inventar

por que non se pode
pechar a ferida
deste amor que semella estampida
e está tan fóra de lugar...

hoxe es présa da desidia
o reloxio fai budú sen parar
e a túa ollada está perdida
porque este mundo non deixa lugar

ao amor...
Track Name: Murmurio
comeza febreiro e xa están outra vez a chegar
cedo de máis
enchendo o peteiro de follas e paus pra aniñar
de par en par

e veñen cada ano pousarse no mesmo lugar
sempre a piar
e irrumpen na choiva coma un anticipo do vrán
e non se van

xa están aquí os paxaros
trazando nubes ao voar
buscando a primavera
que nos veñen de roubar
e nada hai tan humano
como isto de querer ter ás
soltarnos das alxemas
que nos atan a este chan

e van pasando os anos
e o seu inverno que non dá
tumbado este cariño
no que estamos a hibernar
nolos dous

por aquí
por alá
enchen o ceo de jazz
xa non hai quen mire ali
estamos cansos de durmir

é mellor
non mirar
o espello de mañá
sabes que ali está
a cicatriz
a cicatriz
a cicatriz das túas ás

somos nós
os paxaros.
Track Name: Txalapartas
Hai
txalapartas
a afondar
van
como caixas
polo mar
naufragaron xusto antes de embarcar
buscando un futuro aló de Xibraltar

hai
txalapartas
no peñón
van
como táboas
sen timón
as veas do estreito ábrense en canal
desangrando o peito en viaxe vertical

ai, griot
calou o son do teu tambor
hai
txalapartas
a cachón
van
agochadas
nun camión
hoxe é un cruceiro a arca de noé
sen lugar prós pretos soio prá jet set

ai, griot
calou o son do teu tambor

xa se ouve o son
da túa txalaparta
no meu corazón.
Track Name: Estrondo
Ouves xa
ese estrondo a te arrolar
vén de alá
dende o fondo dende atrás

ouves xa
a doce nana do napalm
vén de alá
darche o peito nuclear

sintes o son dos axóuxeres repenicar
e o veludo sobre a pel
centos de corpos de nenos trousados no chan
e os cans a comer
durmes pegado ao teu rifle por medo a quen vén
barras e estrelas nas noites insomnes de verán
case lle metes un tiro onte á túa muller
que xa non está

e hoxe
por fin vai chegar
o día que ti
habías soñar
medallas
e flores
por loitar en Irak
honores que han murchar mañá

ouves xa
ese estrondo a te arrolar
vén de alá
dende o fondo dende atrás
ouves xa
ese estrondo a te arrolar
vén de alá
de aquel rancho en Maryland

volven as dores de todo o que xa non está
esas pernas de robot
pégaslle ás drogas máis duras tentando escapar
do teu paredón
non che dan tregua as pantasmas daquel hospital
vaise en botellas de wishky esa puta pensión
es outro cero á dereita para o eixo do mal
outro negro zumbón

e hoxe
por fin vai chegar
o día que ti
habías soñar
o tiro
máis certo
que puideches tirar
no ceo da boca
e xa

e acoden
pra verte no chan
as pantasmas a morte
que che trouxo a paz
xa es un heroe
da túa guerra persoal
non sempre
se pode
gañar.
Track Name: Ximnopedia da curuxa
Xa
vai caendo a noite
ti
comezas a acordar
tenta ouvir
o monte

xa
asoman as estrelas
co seu
vestido fractal
dende ali
un eco trae
ata ti
o hipnótico arrepío que embelesa
como o piano de Satie

son
as horas da curuxa
aquí
non queda ninguén máis
nin grilos hai
e a escuridá
fai presentir
a inxusta fermosura que te embruxa
do amencer que está por vir
xa
cando o mundo dorme
e o rumor da morte
cala o seu fusil

meu ben
deixa que a curuxa
nos cubra de plumas
e nos leve de aquí

e sae o sol
e sae para ti
e vaise a voz
do gran Satie
sae con medo
o sol
aqui

xa
temos a alma de pedra
de pó
do errático Big Bang
mexe o mar
a area

xa
vai durmir a noite
e o sol
ameaza con sair
Track Name: Xuntos pero solos
Vai
déixate caer
no cerne do pracer
vai e ama sen querer
vai, o mundo está aos teus pés

canto máis posúes
menos tés
canto máis te miras
menos ves
pasas pola vida coma quen
lle pon unha flor
a Lucifer

vai
déixate levar
non, nin un só paso atrás
vai, explota o potencial
tés un futuro estelar

cumples requisitos para ser
o novo revulsivo do poder
e has comprarlle a Janis dunha vez
nun acto de amor
o seu Mercedes Benz

vén e mírame aos ollos
antes de que empeces
a esquecerte de quen es
éche un tempo de tolos
xuntos pero solos
refuxiándonos na pel

vén e mírame aos ollos.
Track Name: Amar sen querer
Xa non sei
deixar
de te amar
sen querer

xa non sei
camiñar
se a túa man
non me ten

se unha vez
me ouves calar
é porque o mar
ten algo pra dicer

se unha vez
che fago mal
tenta lembrar
o meu medo obsesivo a poder
naufragar...

xa non sei
respirar
outro ar
sen te ver

xa non sei
poemar
sen te obviar
no papel

se unha vez
me ouves tocar
é porque estás
ti no vento a mexer

se unha vez
me ouves cantar
é porque o mar
naufragou nos teus ollos de mel

xa non sei
deixar
o vicio de te amar
sen querer.
Track Name: Zoo
Hoxe de paseo polo zoo
dirixiuse a min un vello león
“se eu son o gran rei depredador
que clase de besta sodes vós?"

e desafiante unha pitón
cuspiume na cara con indignación
“éche ben astuta a sen-razón
que clase de besta sodes vós?”

e unha aguia real ergueu o voo
e bateu co ceo gris do seu caixón
e berroulle ao escudo da nación
“que clase de besta sodes vós?”

e o bisonte dixo en grave ton
“a nobreza está en perigo de extinción
se eu son o trofeo do cazador
que clase de besta sodes vós?

que clase de besta sodes vós?"