Desterro

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
05:58
2.
3.
03:13
4.
06:37
5.
06:07
6.
06:13
7.
09:49
8.
9.
02:21

about

Idas e vidas...

Velaquí o caderno de bitácora da longa andaina que fixen coa miña compañeira en 2011, da que nunca regresei. Anque traspapeladas, as páxinas sonoras deste diario abeiran momentos e lugares inesquecibles desa aventura.
A cartografía dun extravío, dun desterro, dun mundo alleo sospeitosamente familiar.

Eis a banda sonora da clase turista, do autoestopista dixital.
Un mal viaxe polas cunetas do imperio.

A mellor experiencia das nosas vidas.

credits

released February 20, 2014

Guitarras, charangos, percusións e demáis arranxos: Xo.
Autoeditado por Xo.
Masterizado por Mikel Santos.

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Track Name: Chapada Diamantina
Cravos
coma cravos
cravos de aceiro
espetados
levo os teus beizos.

Branco
somos branco
branco das sombras
dos disparos
somos branco
do silencio
branco do medo.

Ai, fóra un mambo
mambo de bombas
bombeando
pero escapo.
Eu levo un samba dentro.

Ai, somos branco
branco da lúa
cando a vemos
somos brancos
bailando un samba negro.

Samba samba samba
samba o escravo
samba samba samba
nos teus beizos
samba samba samba
samba do diamante
samba samba samba
mentireiro
samba samba
samba da barbarie
é o samba garimpeiro.

Ai, somos branco
branco da lúa cando a vemos
somos brancos
bailando un samba negro.

Hai fóra un mambo
mambo de bombas e silencios
pero escapo.
Eu levo un samba dentro.
Track Name: Mar de Aral
Hoxe soñei
con mergullar
no mar
de Aral.
Un peixe son
a se agochar
no teu
coral.
E unha anémona cantou
cunha voz anxelical
e a serea redactou
a bitácora do amor
coa tinta dun calamar
e aínda non...

Hoxe soñei
con naufragar
no mar
de Aral.
Un ollomol
un home rá
un ser
branquial
e seguía ante o timón
o afundido capitán
e axexaba o tiburón
todo cheo de razón
coma o sol pola mañá
e aínda non...

Hoxe volvín sucar
as ondas daquel mar
que afundiu no deserto
lonxe do sol da mañá
deixámonos flotar
no mar que só nós sabemos
levamos area nos beizos...

Hoxe soñei
con acordar
no mar de Aral.
Track Name: Varanasi
Díxome un dos babas aló en Benarés
faite un vipasana e has saber quen es
e anque son ateo decidín probar
pecheime cos meus medos a meditar.

O primeiro día foi pasando ben
sempre en flor de loto coa vista no o alén
xantares lixeiros, groliños de chai
se queres encontrarte isto é o que hai...

Doíanme os xeonllos mais logrei durmir
e apareceume en soños un vello faquir
tés que soportalo, é só cuestión de fé
es como Leonard Cohen na súa fase zen

Unha viaxe astral
cara adentro
ao centro inmaterial

Eu nunca coñecera esta vocación
de conquistar o climax cun saúdo ao sol
e ao terceiro día, alá polo serán
erguínme sobre o templo a levitar

E agora son un yonki da meditación
e tanto sexo tantra non pode ser bo
abrín todos os chakras
pecheime ao exterior
despois do vipasana xa non sei quen son.

Unha viaxe astral
cara adentro
ao centro inmaterial...
turismo espiritual
europeos
tentando exorcisar
o estrés laboral...

co meu terceiro ollo puiden descifrar
os mantras que aquel baba estaba a cantar
has buscar o teu rumbo
peneira o teu ronsel
pois descoñece o chumbo a súa ingravidez

e agora son un yonkee da meditación
e tanto sexo tantra non pode ser bo
abrín todos os chakras
pecheime ao exterior
despois do vipasana xa non sei quen son

unha viaxe astral
cara adentro
ao centro inmaterial

turismo espiritual
europeos
tentando exorcisar
o estrés laboral...

e nunca puiden voltar
dese estado espectral
que achei en Benarés
eu que era asceta e pagán
por buscarme de máis
só me acabei por perder

pero escapei sen pagar
daquel negocio oriental
flotando polo ceo
e vexo o Ganxes levar
corpos ardidos pro mar
o mar que a vida nos deu

Ai Benarés...
Track Name: Angkor Wat
Lembras amor
aquel paseo por Angkor
os templos en silencio?
os elefantes viñan canda nós...

Lembras meu ben
as horas tirados no arcén
os cóndores no ceo
facendo dedo por se viña alguén?

e non puidemos máis
ti fúcheste xusto antes de acabar
i eu, buscando no vento
un alento
razóns para continuar

Lembras o sol
brillaba ás beiras do Mekong
os sorrisos dos nenos
matando o tempo nos campos de arroz.

Eramos xa
só dúas soidades a viaxar
estáticos por dentro
comímonos o mundo
e esquecemos respirar
e non souben loitar
non souben ou non quixen perdonar
e ti
trazaches no mapa con xiz
un oco para soñar.

Nunca soubemos
poñer un final
somos como templos
somos Angkor Wat.

E sempre marchamos
para poder voltar
e ollar dende os faros
os golpes de mar.

Nunca soubemos
poñer un final
somos como templos
somos Angkor Watt

E foi grande de máis
o mundo para os dous
é tan breve o espazo que hai
entre o odio e o amor
e foi grande de máis
o mundo para nós
non fai falla saír para viaxar
abonda o corazón.

E ainda seguen alá
os xigantes de Angkor
e ainda seguen alá
en Angkor.
Track Name: Bósforo
Hai en Istambul
dous soles cunha luz
hai outro Deus sen cruz
ecos do seu xaxún

Hai un estreito que fende o corpo nú
dun lado o medo e no outro segues tu
déitase a lúa por tras do pazo azul
e funanbulas nas cordas do santoor

No bafo dun hamman
ves a túa pel mudar
os gatos do bazaar
andan de ramadán

Xira o derviche no ferro dun kebab
mentres dixire Europa o teu corán
ergues a alfombra pra ver o que hai detrás
sabes que a historia prefire non lembrar

hai
en Istambul
dous solpores
cunha mesma...
hai
en Istambul
dúas sombras
dunha mesma luz.

Xa non podes cruzar
tentas remar pero non dás
no Bósforo

xa non podes cruzar
xa volve o mar a asulagar
o Bósforo

xa non podes cruzar
ficas alí na beira sufí
do Bósforo

xa non queres cruzar
ficas alí no doce sufrir
do Bósforo

xa non queres cruzar
o Bósforo.