Entropía

from by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

A ver marchar os dias
sempre a contar formigas
abonda terse en pé
e non mirar a quen
comparte a túa vida.

"Ter un por qué" dicías
"facer do sol teu guía,
é só cuestión de fé:
estar para non ser".

E dentro
só entropía...

Sempre a te tentar salvar
como algo provisional
pero a noite está ao caer
non hai tempo para soñar
nunca conseguiches ser
un máis.

Coitelos que se afían
nas follas da poesía
aprendiches a non ler
a lembrarte de esquecer
todo o que non sabías.

E aínda tentas comprender
este lume de onde vén
de onde sae a canción,
onde vai?

Sempre a te tentar salvar
como algo provisional
pero a noite está ao caer
non hai tempo para soñar
nunca conseguiches ser
un máis.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help