Nanook

from by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Non hai luz
cómpre hibernar
gardar xaxún.

Na era
do frío glacial
do xeo azul.

Só queda
deixarse as mans
pra erguer o iglú.

Non tremas
faite animal
saca o mamut.

Esperta xa
que o inverno é crú
e hai moitos como tu
e lembra
o manual
do gran Nanook.

As bestas
comezan a axexar
o teu corpo nú.
Famentas
estánte a arrodear
como á avestruz
e tentas
falar en van...
só queren o teu cú.

Ti lembra
levar o verán
no teu iglú.

Pega un sol de xustiza
e faise a calima
na era glacial.

Un Caribe de xeo
e hai no cortello
un oso polar.

Somos estalactitas
que esta invernía
fixo medrar.

Vivimos na Galiza
un monte de cinza
dentro do mar.

Vivimos na punta do iceberg
na punta do iceberg.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help