We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Nai

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
A nosa loita 04:14
Teño un mapa pra perdernos cólleme a man polos túneles do tempo sen preguntar Xa non cabe máis inverno no teu ollar sabes que algo ferve dentro e hai que liscar Ti non es de aquí este mundo ruín estáte a queimar os dous a fuxir fomos coincidir na porta de atrás. Somos almas sen goberno en son de paz trashumando polo vento despois do Big Bang e hanche dicir hanche dicir que loites que gañes o pan e hanche ferir hanche ferir as noites frías deste verán Ti non es de aquí este mundo ruín estáte a queimar os dous a fuxir fomos coincidir na porta de atrás e agora... xa non sei pechar os ollos sen te ollar xa non sei calar o coxegueo de que estás xa non sei marchar é o noso xeito de ficar xa non sei amar é o último intento de loitar.
2.
Espantallo 04:18
Aínda segue alí estoico o espantallo sempre a velas vir co seu saber estar de gentleman Hai alguén que di que está namorado do alegre colibrí e din que na súa man viña pousar Hai quen ouviu o férido cantar do espantallo o seu chorar en noites de vran na leira do avó Hai quen o viu contar á lúa o seu anceio de ver o mar hai quen di que a terra seca as bágoas do seu chan i el segue alí anque o campo está abandonado ten saudades do xabarín que viña roubar hai quen o viu pedir que lle queime as pallas o sol por fin. Nada ten sentido se xa non volve o alecrín... Xuro que o vin escapar polo vento a voar cara ao mar foxe! foxe! espantallo polo ar que as túas pallas merecían navegar foxe foxe que xa te haberán chorar os que deixaron esta terra sen arar foxe foxe gran poeta do rural que este mundo só se lembra de olvidar foxe foxe espantallo polo ar e voltarás traerlle á terra o son do mar Xa non está alí foise o espantallo dixo que vivir sen ti meu alecrín era de máis...
3.
Nai 05:27
Nai déboche a ti este medo a non saber voar por riba do que lembro tentándote olvidar a ausencia do teu peito estame a amamantar E xa non hai xa non hai xa non hai un teito que me poida abrigar cando deito sinto dentro o recóndito lamento de saber que non estás cando tiñas que estar... Nai déboche estar esperto ás tantas da mañá rumiando pesadelos trousado no diván daquel neno de ollos tenros que tocaba un instrumento de cordas umbilicais que o habían afogar... Nai déboche a ti o baleiro que deixou cada intento de te querer sen máis o xogo de bracexos pra rescatarte a tempo do vento en alta mar. Non fun quen de conter a embestida salvaxe do teu furacán esa raiba contida por te ver querer afondar e levarme detrás... Non fun quen de mostrarche que a vida só cura as feridas co sal que nadares espida é o xeito de non naufragar Todo en van... Nai é tanto o que che debo é nada o que me das.
4.
Hai ríos que nunca han caber nas cuncas dos ollos e hai mares que nunca han bater vestidos de loito. Velaí estás buscando cunchas no areal tan núa de ouros Que máis che ten se estás a cero a fin de mes? que máis che dá se a única moeda que ves brillar é o sol? É o sol... E hai caixeiros que tornan moteis en noites de insomnio e ves nacer millóns embaixo do somier que rouban os soños e a túa pel xa non cotiza nos parqués e alguén forzou a caixa forte do teu corazón... non dou, tento pero non dou pagado as letras das cancións de amor ao chou sempre remando ao chou co vento en popa a dúas velas vou Non dou tento pero non dou coas hipotecas que che vende o amor ao chou sempre remando ao chou co vento en popa a dúas velas vou Hai desexos que poden tornar un suxo negocio de flor en flor libando o produto interior tan bruto do odio Que máis che ten se o noso sempre foi perder? Que máis che dá se nunca foches quen de bágoas aforrar? E quen garda sempre ten bicos que non deu a ninguén sempre derrochando amor co vento en popa a dúas velas vou. Tés furado o peto da paixón a calma chicha non é para nós mentres zoa o teu amor co vento en popa a dúas velas vou.

about

Por que, se nos queremos, nos facemos tanto mal?
Que diría, se falara, un espantallo?
A que sona, se se tensa, un cordón umbilical?
Cando vou sentar cabeza, carallo?

credits

released February 17, 2014

Música, arranxos e preguntas: Xo
Mestura e produción: Xo.
Arte gráfica: Xo

Masterizado: Mikel Santos.

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like xo, you may also like: