Tango dos hipocampos

from by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Ti queres mar
eu tiro ao monte...
ti par
eu nones...

Ti a madrugar
eu ando insomne
sempre igual
sempre igual

Ti queres jazz
eu fago gospel
non hai
acople

E así nos vai
mellor que onte
non cres?
non cres?
non cres?

Vamos bailar
os desacordes
da man
de lonxe.

Vamos bailar
o tango torpe
do que hai
do que hai
do que hai.

É o noso sino
quererse a couces
andarmos sempre a contrapé
os armisticios
os baixos golpes
o trapecismo a fin de mes.

Deixar que o ritmo
nos roube a noite
e chegue tímido o amencer.

E aquí seguimos
saíndo a flote
como hipocampos a tremer.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help