/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Haiche un non sei qué
nese teu ollar
que aínda me fai crer
que hai un bo final
para toda esta historia
para toda esta historia

Tenche un non sei qué
tan crepuscular
isto de amencer
coa noite a bourar
no ceo da boca
no ceo da boca.

Non queres volver
non has esperar
a que escampe o ceo
sen pestanexar
cheirando a derrota

Somos timoneis
que andan a empotrar
barcos de papel
contra o capital
nas augas revoltas
nas augas revoltas.

Haiche un non sei que
nese teu ollar
que aínda me fai crer
que hai un bo final
para toda esta historia
para toda esta historia.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help