/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

lyrics

Foi manifestándose este tic
nas faragullas
do inverno
este noso impulso visceral
de perdernos o
respeito.

Quen foi o primeiro?
Quen inaugurou
este fogo a discreción?
Sabes que a espiral
sempre nos leva
aló...

Non nos decatamos da paixón
a escorrérsenos
dos dedos.
Nunca confundimos o amor
co eufemismo dun
afecto.

Fomos comprendendo
que era natural
os efectos da erosión.
Dentro
as faíscas ainda dan
calor...

I eu que non me tiña por capaz
que cría que non ia soportar
fun descubrir
da tua man
que sei ser feliz

Foi por aquel trauma da nenez
aquel que inxustamente che carguei
e canda ti
que fácil é
pechar cicatriz.

Coma dous carballos
collidos da raíz.

Sabes, non é por mistificar
pero esta forma de querernos
faime sentir puro coma o mar
ser anaco de algo
eterno.

credits

from Diccionario de silencios, released February 21, 2014

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help