Máquina de intemperies

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
2.
3.
4.
(free) 01:54
5.
6.
(free) 07:17
7.
(free) 04:40
8.
(free) 04:39
9.
(free) 04:44
10.
(free) 06:43

about

No ano 2008 estoura a penúltima crise do noso Estado Anímico de Benestar sen Estarmos Ben ou, mellor dito, de Estarmos Ben Mal.
Fóra todo está ben peor... e sabémolo.
Pero a intemperie está a tornar intimidade.
A soidade, carnación.

Vivimos en falocracia e botámoslle a culpa ao útero, non á semente. Pero a tramoia derrúbase e fica o esquelete nú. Ficamos sós fronte ao espello do camerino, batemos co ceo de cartón do horizonte como Truman no seu show.
Comparecemos perante nós mesmos, perante o baleiro e as horas do día. Esfarelamos a nosa mentira.

Este disco é a banda sonora dun paro hiperactivo de longa duración.
Un resistirse ao desafiuzamento, á fuga do cerebro.
Un ataque directo ao núcleo desta industria de morte.

Un berro de carraxe perfectamente ubicado.
Un acto de amor fóra de lugar.

credits

released February 19, 2014

Música e fotografías: XO.
Mestura e produción: XO.

Masterizado por Mikel Santos.

tags

license

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Track Name: Hotel Guantanamor
Qué nos pasa?
somos carne de canón
as cobaias
dun xogo tétrico

Olla as masas
desta infame procesión
cada casa
semella unha prisión...
Guantanamor

Hai cárceres
que nos libran de escoller
hai cárceres
intramuros dunha pel

Hai cárceres
invisibles no Edén
hai cárceres
ás que vamos polo pé
hai cárceres...

Diversión en Alcatraz
e prisións con vista ao mar
hai un neno a se fugar
do terror de Disneyland
un cerebro a se ceibar
do cárcere

Vacacións no Hotel
Guantanamor
vacacións no Hotel
Guantanamor
tele en cor, Internet
en Guantanamor
días de sol, lúas de mel
en Guantanamor.
Track Name: A soidade do corredor de bolsa
Hai baile
en Wall Street
magnates
moi elegantes
moi elegantes
tan elegantes
en mocasíns

É ceibaren
a perdiz
e voraces
cheiran a carne
cheiran a carne
cheiran a carne
a se pudrir

Hai un marathon
de soidades
en Wall Street
son tristes cowboys
os fieis secuaces
do vello matachín

No aire
a fluír
montantes
exorbitantes
exorbitantes
exorbitantes
de masa gris

Desfase
frenesí
combate
de aves rapaces
de aves rapaces
de aves rapaces
a deglutir

Hai un marathon
de soidades
en Wall Street
son tristes cowboys
os fieis secuaces
do vello matachín

Hai baile
en Wall Street
reparten
todo o cadavre
todo o cadavre
todo o cadavre
do teu porvir.
Track Name: Outra vaca no millo
Gostas do glamour
de te engalanar
unha chapa aquí
unha cresta alá
gostas de ser punk
de cuspir no chan

Gostas do glamour
gafapastear
do Picaso azul
de Jean Luc Goddard
gostas do teu look
pseudo-intelectual

Gostas do glamour
vives no underground
nun piso moi cool
que pagou papá
gostas dos tatús
é do máis normal.

Vai, vai, vai, vai
velaí vai
outra vaca
no millo
a desfilar

Vai, vai, vai, vai
velaí vai
vai cheirando a podrido
na gran mazá

Vai, vai, vai, vai
velaí vai,
vaise espindo o fascinio
no teu ollar

Vai, vai, vai, vai
e así nos vai
de guai
de guai

Superficial
garda esta paz
morte e destrucción
tan de boutique
tan de boutique
Superficial
plásticos en flor
tan de boutique

Superficial
bicos en formol
tan de boutique.
Track Name: S.Ó.S.
Se a cousa está
que non se ten
e o precipicio da túa pel
te afasta do que hai

Se o medo acena
coma quen
se sabe dono do que les
nas follas do xornal...

olla alá
non estás só.

Se a avaricia deste ser
trae consigna de deter
a infausta evolución

Se este divorcio co que ves
vai inxectando deixadez
perante tanta dor...

olla alá
non estás só
a reflotar
un soño que afondou
a reflotar
un soño que afondou
cada mañá.
Track Name: Tectónica de placas
Hoxe os pousos do café
teñen forma de volcán
baixa o magma pola pel
segue o monte a fumegar.

Tectónica de placas
un choque estructural
aloumiños que desgarran
bicos que abren en canal.

E nós aquí, tan lonxe
flotando nesta nave espacial
e nós aquí
e alá

Volve o mar ao seu nivel
volve o río ao seu caudal
volve o pobre empobrecer
volve o rico engulipar.

Tectónica de placas
un choque estructural
vai partir en dous a casa
pensa de qué lado estás...

E nós aquí, tan lonxe
flotando nesta nave espacial
aquí, tan lonxe
na doce ingravidez do sofá
aquí, tan lonxe
que case nos podemos tocar
aquí, tan lonxe
a moitos anos luz do que hai.
Track Name: Balea 52
Óese o choro
ignoto
do alén.

Óese un pranto
cetáceo
cruel.

Mexe o barco
tentando dicer
"qué me ocorre
non me hoube ninguén?"

Non se sabe o por qué
da súa cruel mutación
a balea naceu
cun defecto na voz
condenada a viver
na máis profunda incomprensión
polo mar...
polo mar...
vagando polo mar.
Track Name: O poder do establecido
Hai veces
que esquezo
que aínda pega o sol
e hai veces
que temo o que vai ser de nós

Non deixes
que o medo te convirta en clon
Non deixes
que o verme che devore a flor.
non serve a dor
se non se fai acción
contra o poder
contra o clon

Hai veces
que o vento fai de ti o que quer
son estupideces
as mortes dos que nunca van viver
non penses
que por non dicilo non o sei
non penses
abonda poder ir facendo pé.

E hai veces
que esqueces
que aínda pega o sol
E hai veces
que caes refén da frustración.

Non serven
os hábitos da indignación.
Non serven
as crónicas desta canción
contra o poder
contra o clon...