We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Nai

from Nai by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Nai
déboche a ti este medo
a non saber voar
por riba do que lembro
tentándote olvidar
a ausencia do teu peito
estame a amamantar

E xa non hai
xa non hai
xa non hai
un teito
que me poida abrigar
cando deito sinto dentro
o recóndito lamento
de saber que non estás
cando tiñas que estar...

Nai
déboche estar esperto
ás tantas da mañá
rumiando pesadelos
trousado no diván
daquel neno de ollos tenros
que tocaba un instrumento
de cordas umbilicais
que o habían afogar...

Nai
déboche a ti o baleiro
que deixou cada intento
de te querer sen máis
o xogo de bracexos
pra rescatarte a tempo
do vento en alta mar.

Non fun quen
de conter
a embestida salvaxe do teu furacán
esa raiba contida
por te ver querer afondar
e levarme detrás...

Non fun quen
de mostrarche que a vida
só cura as feridas co sal
que nadares espida
é o xeito de non naufragar

Todo en van...

Nai
é tanto o que che debo
é nada o que me das.

credits

from Nai, released February 17, 2014

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like xo, you may also like: