We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

XO

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
A vida 05:54
A vida discorre para os de a pé é un mar que se afonde nunha culler e beben e foxen por non saber que a morte lles fía pois han volver buscan evasivas buscan corpos dez cegos desafían a máis implacable das leis... a noite dos probes é o seu mencer un monte que os lobos coñecen ben destripan os boitres o seu refén o corpo inerte doutra muller ces pasar os días sempre a contrapel xa nin te resignas ao sal no café caíches na manía de amar sen querer se esta poesía é o único que hai por facer a vida é un cruel disfraz que puxo a morte en carnaval a vida è,,, a vida é o teu ollar o teu sorriso a me alumar a vida é... a vida é beber o mar comerse o ceo da túa man a vida é... a vida é saber que estás que vale a pena repirar a vida é... a vida é o naris dun paiaso aló en Irak a vida vai durmir cada luns pola mañá a vida contradi o pecado orixinal a vida é o perfil suicida do alacrán a vida é o que ti morres por vivir a vida é o que ti nunca vas poder cantar
2.
Algo no ar 03:37
Hoxe vai algo no ar que non deixa respirar a xente está impaciente por que empece o carnaval e ti aínda sen disfraz non tés o corpo para festas has de saber que a tristeza está esperando que a chames e collas e a saques por fin a bailar… hoxe vai algo no ar sobran ausencias para lembrar subiches ao tiovivo e xa non sabes baixar na roda da historia estás déixate ir polo vento lembra que a vida é un momento son dúas voltas de noria non pesa o lamento se o pós a xirar… mañá xa é carnaval saca o teu vello disfraz de cando nena e o sol cabía na man mañá xa é carnaval saca o teu vello disfraz de cando o nena e o amor non tiraba a dar hoxe vai algo no ar
3.
Rastros 03:26
Rastros bágoas de xiz rastros viño e carmín rastros restos de ti rastros dun tempo feliz Eu só nun cuarto no que non hai máis que rastros e coma un can vou buscando no burato aquel anaco de oso que enterrou O tempo fai que a pista dos teus pasos se perda alá na area e cada onda borrando o chan non sei como chegamos só quero saber cal é o xeito de voltar… Vou ser coma o can que lembre cada trazo sobre a area do mar vou tenderche a man escuécete dos restos da marea só traen dor e mira atrás somos nós curando as cicatrices doutra guerra non te lembras do rastro que aínda deixa o noso amor? rastros do noso amor rastros do noso amor rastros de nós… rastros que o mar borrou
4.
Estampida 04:34
Hoxe es présa da desidia dun silencio que empeza a abouxar e os teus beixos descarrilan o funesto rigor do cotián como se fai para mirar sen ver todo o que deixa atrás o tren? non hai xanelas para se asomar este comboi foi deseñado cun só propósito de ir esmagando todo o que hai e adonde vai? as horas hoxe son faíscas nin Francis Bacon as pode pintar o sol metralla a culpa obriga a ouvir a voz dos que han morrer mañá como se anoa a gravata un rei? é o mesmo nó que unha forca ten? que din as pombas da catedral que aínda as pombas da cidade sobrevoan con medo e non se atreven a se pousar? canta morte cabe no despacho oval? e quen me dará un bo final para este día se a guitarra hoxe xa nin me mira cansa de espera e de te inventar por que non se pode pechar a ferida deste amor que semella estampida e está tan fóra de lugar... hoxe es présa da desidia o reloxio fai budú sen parar e a túa ollada está perdida porque este mundo non deixa lugar ao amor...
5.
Murmurio 04:14
comeza febreiro e xa están outra vez a chegar cedo de máis enchendo o peteiro de follas e paus pra aniñar de par en par e veñen cada ano pousarse no mesmo lugar sempre a piar e irrumpen na choiva coma un anticipo do vrán e non se van xa están aquí os paxaros trazando nubes ao voar buscando a primavera que nos veñen de roubar e nada hai tan humano como isto de querer ter ás soltarnos das alxemas que nos atan a este chan e van pasando os anos e o seu inverno que non dá tumbado este cariño no que estamos a hibernar nolos dous por aquí por alá enchen o ceo de jazz xa non hai quen mire ali estamos cansos de durmir é mellor non mirar o espello de mañá sabes que ali está a cicatriz a cicatriz a cicatriz das túas ás somos nós os paxaros.
6.
Txalapartas 04:15
Hai txalapartas a afondar van como caixas polo mar naufragaron xusto antes de embarcar buscando un futuro aló de Xibraltar hai txalapartas no peñón van como táboas sen timón as veas do estreito ábrense en canal desangrando o peito en viaxe vertical ai, griot calou o son do teu tambor hai txalapartas a cachón van agochadas nun camión hoxe é un cruceiro a arca de noé sen lugar prós pretos soio prá jet set ai, griot calou o son do teu tambor xa se ouve o son da túa txalaparta no meu corazón.
7.
Estrondo 04:13
Ouves xa ese estrondo a te arrolar vén de alá dende o fondo dende atrás ouves xa a doce nana do napalm vén de alá darche o peito nuclear sintes o son dos axóuxeres repenicar e o veludo sobre a pel centos de corpos de nenos trousados no chan e os cans a comer durmes pegado ao teu rifle por medo a quen vén barras e estrelas nas noites insomnes de verán case lle metes un tiro onte á túa muller que xa non está e hoxe por fin vai chegar o día que ti habías soñar medallas e flores por loitar en Irak honores que han murchar mañá ouves xa ese estrondo a te arrolar vén de alá dende o fondo dende atrás ouves xa ese estrondo a te arrolar vén de alá de aquel rancho en Maryland volven as dores de todo o que xa non está esas pernas de robot pégaslle ás drogas máis duras tentando escapar do teu paredón non che dan tregua as pantasmas daquel hospital vaise en botellas de wishky esa puta pensión es outro cero á dereita para o eixo do mal outro negro zumbón e hoxe por fin vai chegar o día que ti habías soñar o tiro máis certo que puideches tirar no ceo da boca e xa e acoden pra verte no chan as pantasmas a morte que che trouxo a paz xa es un heroe da túa guerra persoal non sempre se pode gañar.
8.
Xa vai caendo a noite ti comezas a acordar tenta ouvir o monte xa asoman as estrelas co seu vestido fractal dende ali un eco trae ata ti o hipnótico arrepío que embelesa como o piano de Satie son as horas da curuxa aquí non queda ninguén máis nin grilos hai e a escuridá fai presentir a inxusta fermosura que te embruxa do amencer que está por vir xa cando o mundo dorme e o rumor da morte cala o seu fusil meu ben deixa que a curuxa nos cubra de plumas e nos leve de aquí e sae o sol e sae para ti e vaise a voz do gran Satie sae con medo o sol aqui xa temos a alma de pedra de pó do errático Big Bang mexe o mar a area xa vai durmir a noite e o sol ameaza con sair
9.
Vai déixate caer no cerne do pracer vai e ama sen querer vai, o mundo está aos teus pés canto máis posúes menos tés canto máis te miras menos ves pasas pola vida coma quen lle pon unha flor a Lucifer vai déixate levar non, nin un só paso atrás vai, explota o potencial tés un futuro estelar cumples requisitos para ser o novo revulsivo do poder e has comprarlle a Janis dunha vez nun acto de amor o seu Mercedes Benz vén e mírame aos ollos antes de que empeces a esquecerte de quen es éche un tempo de tolos xuntos pero solos refuxiándonos na pel vén e mírame aos ollos.
10.
Xa non sei deixar de te amar sen querer xa non sei camiñar se a túa man non me ten se unha vez me ouves calar é porque o mar ten algo pra dicer se unha vez che fago mal tenta lembrar o meu medo obsesivo a poder naufragar... xa non sei respirar outro ar sen te ver xa non sei poemar sen te obviar no papel se unha vez me ouves tocar é porque estás ti no vento a mexer se unha vez me ouves cantar é porque o mar naufragou nos teus ollos de mel xa non sei deixar o vicio de te amar sen querer.
11.
Zoo 02:15
Hoxe de paseo polo zoo dirixiuse a min un vello león “se eu son o gran rei depredador que clase de besta sodes vós?" e desafiante unha pitón cuspiume na cara con indignación “éche ben astuta a sen-razón que clase de besta sodes vós?” e unha aguia real ergueu o voo e bateu co ceo gris do seu caixón e berroulle ao escudo da nación “que clase de besta sodes vós?” e o bisonte dixo en grave ton “a nobreza está en perigo de extinción se eu son o trofeo do cazador que clase de besta sodes vós? que clase de besta sodes vós?"

about

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista ourensán formado na ríxida indisciplina do autodidactismo e fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos.

Mapas para saber onde estamos perdidos.

credits

released February 18, 2014

Música, arrranxos e voces: Xo.
Mestura e produción: Xo.
Masterizado: Mikel Santos
Fotografías: Xo
Capa: Coqué

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

shows

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like xo, you may also like: