We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

M​á​quina de intemperies

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Qué nos pasa? somos carne de canón as cobaias dun xogo tétrico Olla as masas desta infame procesión cada casa semella unha prisión... Guantanamor Hai cárceres que nos libran de escoller hai cárceres intramuros dunha pel Hai cárceres invisibles no Edén hai cárceres ás que vamos polo pé hai cárceres... Diversión en Alcatraz e prisións con vista ao mar hai un neno a se fugar do terror de Disneyland un cerebro a se ceibar do cárcere Vacacións no Hotel Guantanamor vacacións no Hotel Guantanamor tele en cor, Internet en Guantanamor días de sol, lúas de mel en Guantanamor.
2.
Hai baile en Wall Street magnates moi elegantes moi elegantes tan elegantes en mocasíns É ceibaren a perdiz e voraces cheiran a carne cheiran a carne cheiran a carne a se pudrir Hai un marathon de soidades en Wall Street son tristes cowboys os fieis secuaces do vello matachín No aire a fluír montantes exorbitantes exorbitantes exorbitantes de masa gris Desfase frenesí combate de aves rapaces de aves rapaces de aves rapaces a deglutir Hai un marathon de soidades en Wall Street son tristes cowboys os fieis secuaces do vello matachín Hai baile en Wall Street reparten todo o cadavre todo o cadavre todo o cadavre do teu porvir.
3.
4.
No ermo (free) 01:54
5.
6.
Outra vaca no millo (free) 07:17
Gostas do glamour de te engalanar unha chapa aquí unha cresta alá gostas de ser punk de cuspir no chan Gostas do glamour gafapastear do Picaso azul de Jean Luc Goddard gostas do teu look pseudo-intelectual Gostas do glamour vives no underground nun piso moi cool que pagou papá gostas dos tatús é do máis normal. Vai, vai, vai, vai velaí vai outra vaca no millo a desfilar Vai, vai, vai, vai velaí vai vai cheirando a podrido na gran mazá Vai, vai, vai, vai velaí vai, vaise espindo o fascinio no teu ollar Vai, vai, vai, vai e así nos vai de guai de guai Superficial garda esta paz morte e destrucción tan de boutique tan de boutique Superficial plásticos en flor tan de boutique Superficial bicos en formol tan de boutique.
7.
S.Ó.S. (free) 04:40
Se a cousa está que non se ten e o precipicio da túa pel te afasta do que hai Se o medo acena coma quen se sabe dono do que les nas follas do xornal... olla alá non estás só. Se a avaricia deste ser trae consigna de deter a infausta evolución Se este divorcio co que ves vai inxectando deixadez perante tanta dor... olla alá non estás só a reflotar un soño que afondou a reflotar un soño que afondou cada mañá.
8.
Tectónica de placas (free) 04:39
Hoxe os pousos do café teñen forma de volcán baixa o magma pola pel segue o monte a fumegar. Tectónica de placas un choque estructural aloumiños que desgarran bicos que abren en canal. E nós aquí, tan lonxe flotando nesta nave espacial e nós aquí e alá Volve o mar ao seu nivel volve o río ao seu caudal volve o pobre empobrecer volve o rico engulipar. Tectónica de placas un choque estructural vai partir en dous a casa pensa de qué lado estás... E nós aquí, tan lonxe flotando nesta nave espacial aquí, tan lonxe na doce ingravidez do sofá aquí, tan lonxe que case nos podemos tocar aquí, tan lonxe a moitos anos luz do que hai.
9.
Balea 52 (free) 04:44
Óese o choro ignoto do alén. Óese un pranto cetáceo cruel. Mexe o barco tentando dicer "qué me ocorre non me hoube ninguén?" Non se sabe o por qué da súa cruel mutación a balea naceu cun defecto na voz condenada a viver na máis profunda incomprensión polo mar... polo mar... vagando polo mar.
10.
O poder do establecido (free) 06:43
Hai veces que esquezo que aínda pega o sol e hai veces que temo o que vai ser de nós Non deixes que o medo te convirta en clon Non deixes que o verme che devore a flor. non serve a dor se non se fai acción contra o poder contra o clon Hai veces que o vento fai de ti o que quer son estupideces as mortes dos que nunca van viver non penses que por non dicilo non o sei non penses abonda poder ir facendo pé. E hai veces que esqueces que aínda pega o sol E hai veces que caes refén da frustración. Non serven os hábitos da indignación. Non serven as crónicas desta canción contra o poder contra o clon...

about

No ano 2008 estoura a penúltima crise do noso Estado Anímico de Benestar sen Estarmos Ben ou, mellor dito, de Estarmos Ben Mal.
Fóra todo está ben peor... e sabémolo.
Pero a intemperie está a tornar intimidade.
A soidade, carnación.

Vivimos en falocracia e botámoslle a culpa ao útero, non á semente. Pero a tramoia derrúbase e fica o esquelete nú. Ficamos sós fronte ao espello do camerino, batemos co ceo de cartón do horizonte como Truman no seu show.
Comparecemos perante nós mesmos, perante o baleiro e as horas do día. Esfarelamos a nosa mentira.

Este disco é a banda sonora dun paro hiperactivo de longa duración.
Un resistirse ao desafiuzamento, á fuga do cerebro.
Un ataque directo ao núcleo desta industria de morte.

Un berro de carraxe perfectamente ubicado.
Un acto de amor fóra de lugar.

credits

released February 19, 2014

Música e fotografías: XO.
Mestura e produción: XO.

Masterizado por Mikel Santos.

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

shows

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like xo, you may also like: