We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Desterro

by xo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
África 05:58
2.
Cravos coma cravos cravos de aceiro espetados levo os teus beizos. Branco somos branco branco das sombras dos disparos somos branco do silencio branco do medo. Ai, fóra un mambo mambo de bombas bombeando pero escapo. Eu levo un samba dentro. Ai, somos branco branco da lúa cando a vemos somos brancos bailando un samba negro. Samba samba samba samba o escravo samba samba samba nos teus beizos samba samba samba samba do diamante samba samba samba mentireiro samba samba samba da barbarie é o samba garimpeiro. Ai, somos branco branco da lúa cando a vemos somos brancos bailando un samba negro. Hai fóra un mambo mambo de bombas e silencios pero escapo. Eu levo un samba dentro.
3.
Mar de Aral 03:13
Hoxe soñei con mergullar no mar de Aral. Un peixe son a se agochar no teu coral. E unha anémona cantou cunha voz anxelical e a serea redactou a bitácora do amor coa tinta dun calamar e aínda non... Hoxe soñei con naufragar no mar de Aral. Un ollomol un home rá un ser branquial e seguía ante o timón o afundido capitán e axexaba o tiburón todo cheo de razón coma o sol pola mañá e aínda non... Hoxe volvín sucar as ondas daquel mar que afundiu no deserto lonxe do sol da mañá deixámonos flotar no mar que só nós sabemos levamos area nos beizos... Hoxe soñei con acordar no mar de Aral.
4.
Varanasi 06:37
Díxome un dos babas aló en Benarés faite un vipasana e has saber quen es e anque son ateo decidín probar pecheime cos meus medos a meditar. O primeiro día foi pasando ben sempre en flor de loto coa vista no o alén xantares lixeiros, groliños de chai se queres encontrarte isto é o que hai... Doíanme os xeonllos mais logrei durmir e apareceume en soños un vello faquir tés que soportalo, é só cuestión de fé es como Leonard Cohen na súa fase zen Unha viaxe astral cara adentro ao centro inmaterial Eu nunca coñecera esta vocación de conquistar o climax cun saúdo ao sol e ao terceiro día, alá polo serán erguínme sobre o templo a levitar E agora son un yonki da meditación e tanto sexo tantra non pode ser bo abrín todos os chakras pecheime ao exterior despois do vipasana xa non sei quen son. Unha viaxe astral cara adentro ao centro inmaterial... turismo espiritual europeos tentando exorcisar o estrés laboral... co meu terceiro ollo puiden descifrar os mantras que aquel baba estaba a cantar has buscar o teu rumbo peneira o teu ronsel pois descoñece o chumbo a súa ingravidez e agora son un yonkee da meditación e tanto sexo tantra non pode ser bo abrín todos os chakras pecheime ao exterior despois do vipasana xa non sei quen son unha viaxe astral cara adentro ao centro inmaterial turismo espiritual europeos tentando exorcisar o estrés laboral... e nunca puiden voltar dese estado espectral que achei en Benarés eu que era asceta e pagán por buscarme de máis só me acabei por perder pero escapei sen pagar daquel negocio oriental flotando polo ceo e vexo o Ganxes levar corpos ardidos pro mar o mar que a vida nos deu Ai Benarés...
5.
Angkor Wat 06:07
Lembras amor aquel paseo por Angkor os templos en silencio? os elefantes viñan canda nós... Lembras meu ben as horas tirados no arcén os cóndores no ceo facendo dedo por se viña alguén? e non puidemos máis ti fúcheste xusto antes de acabar i eu, buscando no vento un alento razóns para continuar Lembras o sol brillaba ás beiras do Mekong os sorrisos dos nenos matando o tempo nos campos de arroz. Eramos xa só dúas soidades a viaxar estáticos por dentro comímonos o mundo e esquecemos respirar e non souben loitar non souben ou non quixen perdonar e ti trazaches no mapa con xiz un oco para soñar. Nunca soubemos poñer un final somos como templos somos Angkor Wat. E sempre marchamos para poder voltar e ollar dende os faros os golpes de mar. Nunca soubemos poñer un final somos como templos somos Angkor Watt E foi grande de máis o mundo para os dous é tan breve o espazo que hai entre o odio e o amor e foi grande de máis o mundo para nós non fai falla saír para viaxar abonda o corazón. E ainda seguen alá os xigantes de Angkor e ainda seguen alá en Angkor.
6.
Bósforo 06:13
Hai en Istambul dous soles cunha luz hai outro Deus sen cruz ecos do seu xaxún Hai un estreito que fende o corpo nú dun lado o medo e no outro segues tu déitase a lúa por tras do pazo azul e funanbulas nas cordas do santoor No bafo dun hamman ves a túa pel mudar os gatos do bazaar andan de ramadán Xira o derviche no ferro dun kebab mentres dixire Europa o teu corán ergues a alfombra pra ver o que hai detrás sabes que a historia prefire non lembrar hai en Istambul dous solpores cunha mesma... hai en Istambul dúas sombras dunha mesma luz. Xa non podes cruzar tentas remar pero non dás no Bósforo xa non podes cruzar xa volve o mar a asulagar o Bósforo xa non podes cruzar ficas alí na beira sufí do Bósforo xa non queres cruzar ficas alí no doce sufrir do Bósforo xa non queres cruzar o Bósforo.
7.
22:22 09:49
8.
9.
Ushuaia 02:21

about

Idas e vidas...

Velaquí o caderno de bitácora da longa andaina que fixen coa miña compañeira en 2011, da que nunca regresei. Anque traspapeladas, as páxinas sonoras deste diario abeiran momentos e lugares inesquecibles desa aventura.
A cartografía dun extravío, dun desterro, dun mundo alleo sospeitosamente familiar.

Eis a banda sonora da clase turista, do autoestopista dixital.
Un mal viaxe polas cunetas do imperio.

A mellor experiencia das nosas vidas.

credits

released February 20, 2014

Guitarras, charangos, percusións e demáis arranxos: Xo.
Autoeditado por Xo.
Masterizado por Mikel Santos.

license

tags

about

xo Santiago De Compostela, Spain

XO é o que se lle berra ao burro para que deixe de perseguir a cenoura.

XO é o espazo entre dous arres.

XO é a urxente necesidade de deterse, ollar, armarse a couces.

XO é o alter-ego de Xoel Méndez, multinstrumentista formado na ríxida indisciplina do autodidactismo, fiel adepto á doutrina do Lo-Fi.

Algo-ritmos que esfarelan a ciencia exacta do caos. Mapas para saber onde estamos perdidos.
... more

shows

contact / help

Contact xo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like xo, you may also like: